6/30/21

BO VERÁN FAMILIAS!!

As profes Emilia e Sabela deixámosvos algunhos recursos interactivos para o verán nesta entrada e aproveitamos para deserxarvos un verán cheo de diversión! Picade na imaxe para acceder ao Genially coas actividades de cada materia! 💦💧👧👦👪👪


 Biquiños das profes Emilia e Sabela! 😘😘😘😍😎😎

6/21/21

FIN DE CURSO 2020-2021

As mestras Emilia e Sabela queremos agradecervos o apoio recibido ao longo deste curso tan complexo para todos/as. FELIZ VERÁN FAMILIAS!!😎😎😍😺😄😄😃💋💋💋💋


👧👏👏👦💪💪💟


6/16/21

COLOCAMOS O NOSO ESPANTALLO

Como sabedes, o material de refugallo constitúe un recurso moi valioso que podemos mudar en cousas fermosas. Hoxe, os nenos 👦 e as nenas 👧 de 1º, colocamos o espantallo 👻 que fixemos empregando botellas plásticas na horta. Ollade que bonito nos quedou! 👀






😀😁

6/15/21

ROTEIRO DE LEONOR POLO RÍO ALÉN

 O domingo, Leonor 👧 fixo un roteiro polo Río Alén, en Covelo. Que fotos máis chulas, moitas grazas por compartilas con nós! 😍

Na Capela de San Xoán...

Refrescando os pés...


Facendo a ruta... 

No regato!

💖💖

6/14/21

A. G.Teijeiro

A poesía e a presencia de A. G. Teijeiro  enche as aulas de primeiro do noso colexio e a súa visita e as súas palabras chegan as redes sociais.

Preme na imaxe e disfruta.



6/13/21

CARTA DO RATO PÉREZ A VERA

O venres, Vera 👧 compartiu connosco a carta que recibiu do Rato Pérez cando lle caeu o seu sétimo dente, lembrándonos a importancia de coidar moito a nosa boca para que os novos dentes estén sempre moi sanos!! 😍

6/10/21

CO PROFE JUAN PEDRO

Este curso, como todos e todas sabemos, foi complexo e especialmente nalgunhas áeras como a Educación Física na que nos vimos moi limitados á hora de empregar materiais e realizar actividades. Aínda así, aprendimos un montón e pasámolo xenial desfrutando a tope de cada sesión co noso profe!! 👨 Mirade que ven o pasaron os nosos nen@s nas sesións desta semana! Grazas Juan!!




👏👏👏


6/03/21

Antonio García Teijeiro

 Antonio García Teijeiro(Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017) visitou o noso cole. Foi un placer compartir con él lecturas, comentarios e inagurar a aula de 1º B, que ten o orgullo de levar o seu nome.









Escoitamos e lemos poemas do seu libro "Poemar o mar" polo que lle concederon o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017.




Lemos xuntos.



 

Difrutamos cunha animación









Asinounos o seu libro














Celebramos o aniversario de Xandre




Tedes máis información no blog "Medramos coa nosa lingua" e no blog da biblioteca.






ANDRÉ E A SÚA VISITA A ALLARIZ

 A fin de semana, André 👦 visitou A Ziralla e quixo compartir con nós estas fermosas fotografías que amosan un pouco de historia desta fermosa vila e o ben que o pasou!😎😍