12/21/21

RECEITA BOLECHAS

 Por si vos apetece un pouco de cociña en familia este Nadal... Teñen moi boa pinta!! 😍





Boas Festas!! 👋👋

12/20/21

AS NOSAS PANXOLIÑAS

Estas son as panxoliñas que os nen@s de segundo preparamos coa profe Tere. Xa temos todo listo para amosarvos o ben que o facemos!! 😍



Bravo por estes nen@s!! 👏👏👏

12/18/21

LEONOR NA NEVE

Leonor estivo desfrutando da neve no Padornelo, aproveitando a súa viaxe nos días festivos. Que sorte e que gran sorpresa poder gozar desta marabilla que nos ofrece a natureza! Mirade que contenta estaba!!👀👧


Ademais, Leonor quixo compartir con nós as vistas que tiña dende o coche, facendo esta foto tan chula.😍

E vós? Tivéchedes xa a oportunidade de desfrutar da neve??👩👨 Contádenos!!

12/17/21

A COEDUCACIÓN

A semana pasada, recibimos a visita de Elsa, unha traballadora do Concello que nos amosou a historia de Luis e Luisa e nos axudou a romper estereotipos de actividades, deportes, comportamentos... inicialmente ligados a mulleres ou a homes polo feito de pertenecer a un xénero ou ao outro. 

Velaquí tedes aos dous protagonistas desta experiencia tan interesante 👨👨-👩👩-👩👨-👨👩



Co gallo desta actividade e da campaña da "Folga de Xogeutes", aproveitamos nas sesións de Educación en Valores Sociais e Cívicos para coñecer si hai xoguetes inialmente "fabricados" para nenas e/ou para nenos... Para elo, trouxemos os nosos propios catálogos de xoguetes...


E creamos unhos murais ben feitiños: un deles adicado a xoguetes tradicionalmente creados para homes (cartolina azul), outro para xoguetes fabricados para mulleres (cartolina rosa) e xoguetes para todos e todas (cartolina branca). O certo é que todos os xoguetes son para que desfrutemos todos e todas!!




E por último, presentamos esta actividade ao resto da clase explicando e expoñendo os nosos murais. Ollade que fermosura!





👏👏 Bravo por estes nen@s tan traballadores/as!! 😍