4/28/22

VISITA DE NEIRA VILAS

Esta semana recibimos unha visita moi moi especial... dende a Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas viñeron a ensinarnos un montón de cousas sobre Mitoloxía a través dunha fermosa colección de libros que podemos atopar nesta biblioteca 😍

Mirade que atent@s estábamos!










Moitas grazas a Noelia e Mar por compartir os seus coñecementos con nós!👏💜

4/22/22

DÍA DO LIBRO NO COLE

Como cada ano, o Pombal celebra o día do Libro coa actividade dos Padriños e Madriñas Lectores. Este ano, escollimos un libro e en pequenos grupos practicamos a lectura compartida. Mirade que ben o pasamos!👀👏😍






Estade atent@s ao blog da bibliteca porque haberá moitas sorpresas!! 😉😃

👉FELIZ DÍA DO LIBRO👏!!!👈

4/19/22

NICO VIAXA EN TREN

 Nico 👦 quixo compartir con nós estas fermosas imaxes da súa primeira viaxe en tren. Mirade que contento estaba!! 😄😃


A que non sabedes cal foi o seu destino? De seguro que coñecedes esta estampa tan bonita!!


Moitas grazas Nico por compartir con nós un chisco da túa viaxe! 😎

4/06/22

CADERNO DE REPASO

Deixámosvos por aquí un divertido caderno por si vos apetece repasar os contidos traballados ao longo deste segundo trimestre. Picade na imaxe para acceder ao recurso 👇
Boas vacacións! 😍