2/03/21

A riqueza da nosa lingua!

Esta semana, como cada ano, celebrouse o Día da Candeloria (o día do amor pola nosa terra💙; pola nosa lingua👅)

De seguido, presentámosvos algunha información importante sobre esta data:

O Día das Candeas ou Día da Candeloria é o 2 de febreiro. Este día é moi importante xa que coincide coa metade do solsticio de inverno convertíndose no momento en que comezan a medrar os días e a natureza comeza a prepararse para a chegada da ansiada primavera.

A partir desta data, ningunha ave voa soa tal e como nos di o seguinte refrán:

"Pola Candeloria,

casan os paxariños e vaise a galiñola".

Isto quere dicir que nestas datas prodúcese tamén a chegada das primeiras aves migratorias pregoando o comezo da nova estación que chega repleta de novas cores e recendos!



Ningún comentario:

Publicar un comentario