4/25/21

Autoestima e Autosuperación.

Seguimos traballando para que a nosa convivencia sexa boa, a autoestima e o esforzo persoal van centrar a nosa atención. 
Somos capaces, e se poñemos nosa parte, somos capaces de facelo. Podemos.

 
 
Nin sequera pasar os exames "para ser extraterrestre" é sinxelo. Nesta vida todo require un esforzo e un sacrificio e, se non temos a predisposición adecuada, todo costa moitísimo máis. Neste curto de PIXAR imos ver como o protagonista non preparou para nada o exame, tenta copiar, case o consegue ás topadas, pero nin aínda así aproveita a súa oportunidade. Hai que ter unha actitude correcta para afrontar as cousas importantes na vida.


Un día de pesca - Usa el Coco from HAMPA STUDIO on Vimeo.

Me gustan las bananas - Usa el Coco from HAMPA STUDIO on Vimeo.

Esto pesa mucho - Usa el Coco from HAMPA STUDIO on Vimeo.

Se es enxeñoso e buscas solucións... podes conseguir o que che propoñas. Iso é o que nos transmiten estes curtos producidos por HAMPA estudos e financiados polo Ministerio de Economía e Competitividade. Os irmáns Honky e Tonk deberán resolver distintos problemas e, ademais, en clave de humor (o que fai que sexa dobremente motivador para @s elegantes). Un dos irmáns "pasa de todo" e o outro, o enxeñoso, acabará superando as distintas dificultades coas que se atopan De cal debemos tomar exemplo. 

 

As cousas custan traballo conseguilas, pero hai momentos para todo. A fábula clásica da Cigarra e a Formiga móstranos como "o que sementa, recolle". É moi bonito non facer nada e querer telo todo, pero nada máis lonxe da realidade. Hai momentos para traballar e momentos para divertirse. Se queres conseguir algo na vida, loita por iso.

Ata un amor "imposible" pódese conseguir se cho propós. Difícil teno este pequeno paxaro para conseguir o amor da "paxarela" que está encerrada nunha gaiola. Ao final é unha mestura de todos os curtos visto anteriormente: todo nesta vida require un esforzo, usa o coco #ante os problemas e, se queres e proposcho, ao final poderás conseguilo.
 É importante esforzarse para conseguir as cousas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario