4/23/21

DÍA DO LIBRO 2021

Como sabedes, hoxe celébrase o Día do Libro! Por elo, dende as clases de 1º, festexamos unha festa ben típica no cole. Para elo, convertímonos en padriños e madriñas lectores/as da outra clase! Este ano, é un chisco diferente mais o que non muda son as nosas ganas de desfrutar coa lectura! 💪😍💞 

Aproveitamos esta data para ler unhos poemas do noso "Poemar o Mar" de Antonio García Teijeiro, unha das obras que estamos a ler diariamente dende a "hora de ler". Ademais, dende Arts&Crafts elaboramos uns marcapáxinas ben bonitiños que intercambiamos entre nós e recibimos un pequeno agasallo de parte do cole. Ollade que ben o pasamos! 👧👨












No hay comentarios:

Publicar un comentario