4/11/21

Os Valores, as Emocións e a Arte.

Este curso escolar estamos a traballar a educación en valores e  as emocións para crecer como persoas. 

Analizamos as emocións e os valores a través do mundo da arte, aproveitando os murais do patio do colexio. 

Este traballo compartirémolo co resto dos compañeir@s  para traballar este tema conxuntamente nas dúas aulas de primeiro.

Tamén  empregaremos outros  recursos para reflexionar, como curtos (que recopilamos de distintas plataformas de video online), fichas, xogos, lecturas e dibuxos.

Con todo este material fomentaremos o debate nas aulas, analizaremos de xeito crítico a información que vamos recibindo.

Nas entradas do blog deixaremos  enlaces para que poidades botar unha ollada, para que como educadores,  poidades colaborar na educación de valores dos vosos fill@s.


 

O primeiro que imos facer é un debuxo; " A imaxe que o espello reflicte de nós". 



 A seguinte tarefa:

CONVIVENCIA  

Ás veces controlar o noso personaxe é importante para vivir xuntos. Este lobo é capaz de controlar os seus instintos máis feroces porque, convivindo cun grupo de ovellas, consegue un traballo mellor do que tiña, sérvenlle comida diariamente e tamén gaña un bo salario a finais de mes. O problema vén cando non é capaz de controlar os seus impulsos ... Somos quen de controlalos nós mesmos?

Ningún comentario:

Publicar un comentario