5/30/21

Excursión ao Vixiador

O día 28 de maio fixemos unha saída ao Vixiador. Un día de andaina,  xogos,  diversión, alegría... 

Pasámolo xenial.

 

5/24/21

Nico e a súa primeira ruta

 Onte Nico 👦 fixo a ruta da Costa da Vela e compartiu con nós estas fermosas imaxes. Camiñou casi 8 km.! Ollade as fermosas vistas!! 😍





5/18/21

Daniel visita a aldea da avoa.

 Este fin de semana Daniel visita a aldea da avoa. 


Na primeira foto aparece Daniel ao carón dun muiño rehabilitado na aldea da súa avoa Lina, en Paramos. Recorda a avoa ir alí a busca-la fariña cando era pequena.

A outra foto é nun dos lavadoiros do pobo, onde os veciños ían lava-la roupa e deixaban a clareo no campo se que ve detrás.

A Daniel encántalle escoitar as historias que lle conta a súa avoa de cando era pequena e coñecer as tradicións do seu pobo.

5/13/21

Letras Galegas 2021-Xela Arias

Primeiro con Xela Arias.






 Este ano dedícase o día das Letras Galegas a Xela Arias.

Xela Arias naceu en Sarria, aínda que pasou a maior parte da súa vida en Vigo, onde chegou a ser un referente do mundo editorial e da poesía.

Preme nas seguintes imaxes para completar a información:



Investigando sobre Xela Arias e as Letras Galegas.