5/18/21

Daniel visita a aldea da avoa.

 Este fin de semana Daniel visita a aldea da avoa. 


Na primeira foto aparece Daniel ao carón dun muiño rehabilitado na aldea da súa avoa Lina, en Paramos. Recorda a avoa ir alí a busca-la fariña cando era pequena.

A outra foto é nun dos lavadoiros do pobo, onde os veciños ían lava-la roupa e deixaban a clareo no campo se que ve detrás.

A Daniel encántalle escoitar as historias que lle conta a súa avoa de cando era pequena e coñecer as tradicións do seu pobo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario