10/19/21

De ruta en familia

 Cies quere compartir fotos e un resumo da  viaxe que fixo coa súa familia a Costa da Morte.

                                      

Cies  e a súa nai comentan que foi unha bonita experiencia a de viaxar os cinco en "furgo" e coñecer lugares fermosos da Costa da Morte.

                                     

A ruta foi a seguinte :

Sábado 9
Saimos  as 14:00 de Vigo e a primeira parada foi en Vilaboa para comer. Alí paramos nas preciosas e pouco coñecidas Salinas do Ullo , fermoso espazo natural .
Despois puxemos rumbo a Barro, e  alí paramos nas Fervenzas de Barosa , súper bonitas e Tanta calor facía que algúns non puideron resistirse a darse un bo baño .
Logo visitamos Boiro, estivemos nunha Praia e fixemos noite alí .


Domingo 10
Despois de levantarnos, almorzar e asearnos, fomos as Dunas de Corrubedo, ademais de desfrutar da paisaxe, fixemos algunha ruta, e como a calor tamén apertaba desfrutáramos dun baño e paseo por esa Praia .
A seguinte parada foi en Porto do Son para comer e despois visitar os Castros de Baroña, impresiona ver esas construcións nas rochas e tan Preto da auga. Alí desfrutaron imaxinando como vivía esa xente
nesas casas tan pequenas e circulares
Seguimos en ruta, e está vez paramos na fermosísima Vila de Noia , os paseos por as súas rúas e os seus monumentos encantáronnos.
E rematamos este día chegando e facendo noite en Carnota , nun paraíso a pe de praia con moitas "furgos e autocaravanas".




Continuará....



No hay comentarios:

Publicar un comentario