10/18/21

AS ÚLTIMAS VIAXES DE LEONOR


Hoxe Leonor ensinounos un montón de cousiñas contándonos a súa viaxe desta fin de semana pola Costa da Morte. Ollade que bonitas imaxes compartiu con nós...

Velaquí temos a Leonor na Pedra de Abalar. O certo é que a nosa "fin da terra" particular é ben fermosa! 


Ademais, durante a ponte, Leonor estivo visitando aos avós na zona de Ferrolterra. Alí aproveitou para visitar a Lagoa de Valdoviño 😍


Ollade este fermoso solpor! 👌👀


Tamén colleron uns cogomelos que de seguro estaban ben ricos!!


Moitas grazas por compartir estes momentos con nós! 😀

No hay comentarios:

Publicar un comentario