10/15/21

O noso gran de area

Como sabedes, os nenos/as do Pombal levamos un tempo coñecendo a realidade de todos os nenos/as que viven na Illa da Palma e que están a vivir unha situación tan delicada. 

Nas nosas clases de 2º, comezamos traballando cos nosos "cadernos dos volcáns" aprendendo as súas partes, como se produce a erupción, cousiñas sobre volcáns de outros lugares do mundo... Velaquí algunhas imaxes traballando arreo nos nosos cadernos...




Por outra banda, aprendimos tamén como se podían estar sentindo estes nenos e nenas que perderon as súas casas, o seu colexio... e por elo, seguindo a iniciativa "unha carta, un sorriso" cada clase preparou o seu debuxo con todo o noso agarimo que enviamos xunto cunha pequena carta que botamos no buzón de correos. Ollade as imaxes!










 Foi unha experiencia ben bonita! 


Moitas grazas coma sempre pola vosa colaboración! 💓


No hay comentarios:

Publicar un comentario