11/05/21

O ESQUELETO

Esta semana, Leonor animouse a ensinarnos un xogo chamado "Laboratorio de Anatomía" moi relacionado con todo o que estamos aprendendo en Ciencias Naturais. 

Primeiro, Leonor ensinounos as instrucións e tod@s atendíamos para poder xuntar as diferentes partes que formarían o noso esqueleto 👀.


A continuación, comezamos a montalo peza por peza traballando en equipo. Tod@s participamos!




Ademais, atendimos as súas explicacións que nos serviron de gran axuda! 👧


E... tachán! Aquí temos o noso esqueleto montado!! 😍


Como non podía ser doutro xeito, quixemos compartilo tamén cos compañeir@s de 2ºB! 👌


Moitas grazas Leonor, por ensinarnos todas estas curiosidades sobre o noso corpo!! 👏👏💖

No hay comentarios:

Publicar un comentario