11/24/21

XORNADA DE CAMPO A TRAVÉS

O Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia organizou onte a competición de Campo a través destinada ao alumnado dos centros educativos participantes no programa XOGADE.

A finalidade desta actividade foi a dinamización e promoción do Deporte Escolar mediante a participación inclusiva de todo o alumnado. Deste xeito, a actividade tivo como obxectivo loitar contra o sedentarismo fomentando a igualdade de xénero. 

A carreira tivo lugar no recinto da feira de San Cosme de Zamáns e os nenos/as de segundo participamos na categoría de benxamíns. Para elo, nos organizamos por grupos/aula con carácter mixto mantendo a distancia de seguridade de 450 m. entre grupos. Ademais, cada un de nós levou o seu dorsal o que permitirá realizar unha clasificación por cursos de xeito colectivo por parte da organización.

Mirade que contentos/as estabamos!


Velaquí estamos preparadxs cos nosos dorsais... 👀


Bailando un poquiño a modo de quecemento... 💃


Comezamos!! 👏👏





E por fin entrando á meta!! 👏👏👌














Para repoñer forzas, tomamos unhos petiscos antes de voltar ao cole!!




Parabéns rapaces e rapazas polo voso compañeirismo!! 😍💕💚

No hay comentarios:

Publicar un comentario