3/29/22

APORTACIÓNS DE VERA, NICO E LEONOR

Hoxe na clase algúns compañeir@s quixeron compartir con nós alguhas cousas:

Velaquí tedes a Leonor amosándonos a fermosa carta que lle escribiu o Rato Pérez despois de comer un anaco do seu queixo favorito! 😍


Tamén Nico e Vera 👨👩 compartiron unha pequena exposición que iniciou Nico contándonos aqueles países que máis lle chamaron a atención do seu globo terráqueo e ensinándonos algunhas curiosidades sobre os mesmos. Mirade que atent@s estabamos! 👀





👏👏

Velaquí tedes a Vera con esa segunda parte da presentación compartindo con nós o mapa de España no que situou, coa axuda da rosa dos ventos algúns dos puntos máis importantes. Bo traballo Vera! 😉




Parabéns unha vez máis a estes nen@s que sacan cada día o mellor de sí mesmos/as!! 💜💖💚

3/15/22

AS ACHEGAS DE MARTÍN

Hoxe Martín compartiu connosco algunhos datos moi interesantes sobre a Segunda Guerra Mundial.


Explicounos cando sucedeu, canto durou, falounos dos bandos existentes... e aprendimos moitas cousas!



Dende aquí lle damos un gran aplauso a Martín polo seu bo traballo!! 👏👏


Aproveitamos tamén para reflexionar sobre os dous conflictos que estivemos a traballar e sobre alternativas para resolvelos sen ter que chegar a este tipo de situacións como a que, por desgraza, estamos a vivir nestes intres coa guerra entre Rusia e Ucraína. Oxalá pronto remate esta situación!!

3/14/22

ANDRÉ NOS FALA DA PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL

Hoxe André compartiu con nós os seus coñecementos sobre a Primeira Guerra Mundial. Velaquí tedes algunhas imaxes amosándonos os seus coñecementos sobre este importante acontecemento que marcou un antes e un despois na nosa historia 👀



Ademais André nos ensinou algunhas nocións básicas da Segunda Guerra Mundial 👦



Bo traballo André 👌, moitas grazas por ensinarnos todas estas curiosidades sobre estes feitos históricos!!👏👏

3/09/22

VISITA DE LEONOR Á SERRA DO COUREL

Leonor aproveitou o entroido para visitar a Serra de Courel cos seus pais e quixo compartir con nós estas fermosas fotos.

Velaquí tedes a Rex, o can da vila co que Leonor pasou moito tempo 😻


Mirade que año máis bonitiño!! Que pequerrecho é!! 👀😍😍


O certo é que o Courel conta cunhas paisaxes fermosísimas! Mirade a cova do Val de Mouras!! 💚


Grazas Leonor por compartir con nós estas fotos!! 👏👏

3/08/22

8 DE MARZO

Hoxe día 8 de marzo é o Día Internacional da Muller 💜. Como non podía ser doutro xeito, as nenas e nenos de segundo celebramos esta data reflexionando sobre o longo camiño que aínda nos queda por percorrer e tratando de transmitir esta loita ás futuras xeracións de nenos e nenas xa que, como sabedes, a equidade é cousa de tod@s 👧👦👩👨.

Onte contamos cunha pequena animación na que, de man do conto de "Daniela Pirata" atopamos un tesouro moi moi especial ao finalizar unha xincana moi divertida! Ollade que ven o pasamos!!👀💜












Para continuar con estas actividades conmemorativas, hoxe contamos con outra actividade moi interesante que nos presentou Bibiana. Esta vez, traballamos e reflexionamos na clase sobre os roles de xénero 💜















Por último, creamos os nosos propios banderíns coa imaxe e unha breve descrición dunha muller que para nós sexa importante. Foi unha actividade ben bonita!!




Aproveitamos tamén para darlle as grazas a Leonor polos libros compartidos ao longo deste mes sobre diferentes mulleres que tanto nos ensinaron! Grazas Leonor por compartir a túa sabedoría con nós!!👏


Bravo unha vez máis por estas cativas e cativos de segundo que sempre levan postos os lentes violetas!! 💜

SAYRA CELEBRA O 8 DE MARZO

Sayra quixo compartir con nós estas fermosas fotos celebrando o Día da Muller con este fermoso maquillaxe!😻



Feliz Día da Muller! 💜