3/08/22

8 DE MARZO

Hoxe día 8 de marzo é o Día Internacional da Muller 💜. Como non podía ser doutro xeito, as nenas e nenos de segundo celebramos esta data reflexionando sobre o longo camiño que aínda nos queda por percorrer e tratando de transmitir esta loita ás futuras xeracións de nenos e nenas xa que, como sabedes, a equidade é cousa de tod@s 👧👦👩👨.

Onte contamos cunha pequena animación na que, de man do conto de "Daniela Pirata" atopamos un tesouro moi moi especial ao finalizar unha xincana moi divertida! Ollade que ven o pasamos!!👀💜












Para continuar con estas actividades conmemorativas, hoxe contamos con outra actividade moi interesante que nos presentou Bibiana. Esta vez, traballamos e reflexionamos na clase sobre os roles de xénero 💜















Por último, creamos os nosos propios banderíns coa imaxe e unha breve descrición dunha muller que para nós sexa importante. Foi unha actividade ben bonita!!




Aproveitamos tamén para darlle as grazas a Leonor polos libros compartidos ao longo deste mes sobre diferentes mulleres que tanto nos ensinaron! Grazas Leonor por compartir a túa sabedoría con nós!!👏


Bravo unha vez máis por estas cativas e cativos de segundo que sempre levan postos os lentes violetas!! 💜

No hay comentarios:

Publicar un comentario