6/22/22

VÍDEO DE DESPEDIDA

Con moita mágoa despedimos estes dous marabillosos cursos non sin antes deixarvos este pequeno agasallo en forma de vídeo. Botarémosvos moito de menos!! 💓

Das profes Emilia e Sabela.

ACTIVIDADES PARA VERÁN

Para verán 💦 propoñévosvos que descarguedes esta app gratruita dispoñible para Android e Ios chamada "Academons" que emprega o xogo para repasar as diferentes materias en todos os niveis de primaria. Animádevos a probala e nos contades que vos parece! 😎

Se premedes na seguinte imaxe 👇 veredes toda a info desta app tan divertida!!


Bo verán!!👧👩

6/21/22

Despedida e Graduación

Un grupo de compañeirxs que van para o instituto compartiron este video con vivencias no noso colexio. estiveron sentados nas cadeiras nas que estivestes 

6/20/22

EXCURSIÓN AO VIXIADOR

O pasado xoves día 16 fomos de excursión ao Vixiador. Velaquí unha pequena mostra do ben que o pasamos!! 👧👦👀😎😀😁






💚

RAPEAMOS CON VALORES

Na asigantura de Valores, traballamos arreo coa profe Olga para aprender este rap da natureza que recitamos tod@s xuntos!!💪😎

Mirade que ben o fixemos!! Menud@s artistas temos en 2º!!! 👏👏😍


💖

6/10/22

Visita ao MUSEO DO MAR

Hoxe visitamos o museo do MAR de Galicia e ao que moitos queren volver. O alumnado de 2º fixo un obradoiro no que tiveron ocasión de ver de preto colmillos de cachalote, barbas de balea e reproduccións de varios animais. Alí había tamén un acuario que reproduce o fondo mariño da ría. Puidemos ver tiburóns, rodaballos, raias, centolas, abadexo, un banco de xureis... Os tiburóns pintarroxa, que son máis coñecidos como melgacho ou cazón estaban en plena posta de ovos e tivemos a sorte de velos enganchados nas rochas coma no seu hábitat natural. Noutra vitrina estaban ao carón de ovos e 2 crías de raia. Compartimos unha mañá diferente, merendamos na praia e coñecemos máis de preto a Cultura Mariñeira.

6/09/22

Protagonistas

Uno de los protagonistas de la clase ha sido Ezequiel, que hace poco que llegó a nuestro colegio procedente de Venezuela. A lo largo de esa semana hemos podido conocerle mucho más. Nos ha contado muchas cosas sobre él, cuál es su comida favorita, su color de ojos y de pelo, sus juegos y juguetes preferidos... y hemos tenido la suerte de que nos ha traido algunos a clase para que los viéramos y jugáramos con ellos. Hemos conocido su peso, estatura, medida del pie, color de ojo, de pelo... y los hemos podido comparar con los niños que ya han sido protagonistas. Ezequiel estaba encantado y todos disfrutamos muchísimo con la sesión. ¡Muchísimas gracias!