6/10/22

Visita ao MUSEO DO MAR

Hoxe visitamos o museo do MAR de Galicia e ao que moitos queren volver. O alumnado de 2º fixo un obradoiro no que tiveron ocasión de ver de preto colmillos de cachalote, barbas de balea e reproduccións de varios animais. Alí había tamén un acuario que reproduce o fondo mariño da ría. Puidemos ver tiburóns, rodaballos, raias, centolas, abadexo, un banco de xureis... Os tiburóns pintarroxa, que son máis coñecidos como melgacho ou cazón estaban en plena posta de ovos e tivemos a sorte de velos enganchados nas rochas coma no seu hábitat natural. Noutra vitrina estaban ao carón de ovos e 2 crías de raia. Compartimos unha mañá diferente, merendamos na praia e coñecemos máis de preto a Cultura Mariñeira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario