As vosas achegas

Santiago e Martín Os irmáns García Ausín comparten a súa experiencia de fin de semana en Viladerei. Santiago e martín din que este fin de semana, a súa nai  levounos ao pobo da súa avoa, Viladerei, na provincia de Ourense.
👏👏👏
Cies

 Cies quere compartir fotos e un resumo da  viaxe que fixo coa súa familia a Costa da Morte.

                                      

Cies  e a súa nai comentan que foi unha bonita experiencia a de viaxar os cinco en "furgo" e coñecer lugares fermosos da Costa da Morte.

                                     

A ruta foi a seguinte :

Sábado 9
Saimos  as 14:00 de Vigo e a primeira parada foi en Vilaboa para comer. Alí paramos nas preciosas e pouco coñecidas Salinas do Ullo , fermoso espazo natural .
Despois puxemos rumbo a Barro, e  alí paramos nas Fervenzas de Barosa , súper bonitas e Tanta calor facía que algúns non puideron resistirse a darse un bo baño .
Logo visitamos Boiro, estivemos nunha Praia e fixemos noite alí .


Domingo 10
Despois de levantarnos, almorzar e asearnos, fomos as Dunas de Corrubedo, ademais de desfrutar da paisaxe, fixemos algunha ruta, e como a calor tamén apertaba desfrutáramos dun baño e paseo por esa Praia .
A seguinte parada foi en Porto do Son para comer e despois visitar os Castros de Baroña, impresiona ver esas construcións nas rochas e tan Preto da auga. Alí desfrutaron imaxinando como vivía esa xente
nesas casas tan pequenas e circulares
Seguimos en ruta, e está vez paramos na fermosísima Vila de Noia , os paseos por as súas rúas e os seus monumentos encantáronnos.
E rematamos este día chegando e facendo noite en Carnota , nun paraíso a pe de praia con moitas "furgos e autocaravanas".




Continuará....



Unha familia numerosa continúa de viaxe.

Despois da fin de semana a familia de Cies continúa de ruta.

Luns 11

O luns dedicámolo a visitar Carnota , xunto co seu canastro Mais grande , q súa fermosa praia e Fe Alí poñemos rumbo a Fisterra , onde vimos o seu famoso faro e desfrutamos de un rato de Praia mentres comiamos. De alí saimos e desfrutamos da fermosura dos monumentos e faro en Muxía , e por último chegamos a Camariñas para facer noite alí , tamén o lado da praia .







Martes 12


 Visitamos Camariñas, capital do “encaixe de bolillos” que a Cies le gusta e sabe facer algunha cousiña que lle ensinou a súa avoa .

Logo fomos de ruta ca furgo por pistas de Terra que nos levaron a coñecer o faro de Vilan, o cemiterio dos ingleses, e a última parada foi en Camelle para coñecer a casa e obras sociais museo do alemán . Alí comemos e despois xa puxemos rumbo de novo a Vigo,

 






A experiencia foi moi boa, certo e que tivemos todo a favor ( o bo tempo, as paisaxes de esa costa, e sobre todo as gañas de esta experiencia )

👏👏👏😍


Sayra

 Onte Sayra compartiu con nós este experimento que fixo na casa xunto co seu irmán pequeno creando o seu propio volcán. Mirade que ben lle quedou! 👨👧


Parece que o pasaron moi ben facendo este pequeno experimento... 😄😃



Velaquí un pequeno vídeo amosándonos como realizaron o seu propio volcán... que pasada!

Animádevos a facer o voso propio volcán e a compartilo con nós! 😍

Leonor


Hoxe Leonor ensinounos un montón de cousiñas contándonos a súa viaxe desta fin de semana pola Costa da Morte. Ollade que bonitas imaxes compartiu con nós...

Velaquí temos a Leonor na Pedra de Abalar. O certo é que a nosa "fin da terra" particular é ben fermosa! 


Ademais, durante a ponte, Leonor estivo visitando aos avós na zona de Ferrolterra. Alí aproveitou para visitar a Lagoa de Valdoviño 😍


Ollade este fermoso solpor! 👌👀


Tamén colleron uns cogomelos que de seguro estaban ben ricos!!


Moitas grazas por compartir estes momentos con nós! 😀

André

André quixo compartir con nós estas fermosas fotos sobre o outono facendo magosto e incluso prantando un carballo! Encántanos que compartades con nós estas cousiñas... 👨😍


Xa nos ensinaredes como vai medrando este castiñeiro que veu de terras ourensás!


Que boa pinta teñen esas castañas!! 

👀👀


💕

 Daniel .

Os noso compañeiro Daniel e o seu primo Aleixo estiveron de vendimia na aldea de Daniel e Aleixo, en Pantón. Pasárono xenial e traballaron moi duro, vendimiando e aprendendo como se fai o viño.

Adxunto algunhas fotos  moi interesantes.😍😊 






Daniel

 Este fin de semana Daniel visita a aldea da avoa. 

Na primeira foto aparece Daniel ao carón dun muiño rehabilitado na aldea da súa avoa Lina, en Paramos. Recorda a avoa ir alí a busca-la fariña cando era pequena.

A outra foto é nun dos lavadoiros do pobo, onde os veciños ían lava-la roupa e deixaban a clareo no campo se que ve detrás.

A Daniel encántalle escoitar as historias que lle conta a súa avoa de cando era pequena e coñecer as tradicións do seu pobo.

 Investigamos na escola e na casa.

Visita ao museo de Historia Natural.

Martín e Santiago comparten as fotos da súa visita ao Museo de Historia Natural en Santiago de Compostela e tamén nos recomendan a visita. Encantóulles!! 😍😍😍











Grazas😊

Investigamos na escola e na casa.

Daniel atopou minerais nunha ruta do fin de semana.
Na casa e na escola estamos investigando sobre o tema dos animais. 
O oso panda


A arte da plastilina e os animais.

 Visitamos o blog de Ruth. 


 Aprende con Ruth 

Daniel visita o Cebreiro. 

Daniel Disfrutou moito na súa visita ao Cebreiro, vendo as pallozas e descubrindo o día a día das persoas que as habitaban. Puido ver a lareira, os tellados de palla e o sistema de "calefacción" da palloza: o lume e a calor dos animais.

Excelente!


André en Aldán.

André compartiu con nós estas fermosas fotos disfrutando da fin de semana nos bosques de Aldán. Ollade as cores do outono! 

 Leonor no casa dos avós.

As primeiras Castañas.

A vendimia.

Cies e Daniel participaron na vendimia.






Daniel participa na vendimia.



  Cies en Catoira.

 Cies en Catoira foi  visitar as Torres  e o paseo de Bouzas  e encantoulle ir por todas as esculturas de peixes e crustáceos e ler como se di en castelán e en galego .







No hay comentarios:

Publicar un comentario