4/30/21

OS MAIOS

 COÑEZAMOS UN CHISCO DESTA FESTA TAN NOSA!!

O maio é unha festa popular que se ven celebrando dende fai moito tempo o primeiro domingo de maio. O seu fin é conmemorar a chegada da primavera e o remate do longo inverno. Esta festa está relacionada co culto á natureza e á fertilidade dos campos.

Para festexar esta festa, costrúense estruturas de madeira con forma cónica de entre 1,5 e 2 metros de altura que decoramos con ornamentos naturais como fiúnchos, pampillos, carqueixas, margaridas, laranxas ou cascas de ovos. Ademais, no alto, colocamos unha coroa feita con flores. Arredor desta figura do maio, un grupo de nenos e nenas cantan as súas coplas. Estas coplas son pequenas pezas musicais cheas de retranca que loan a primavera e fan referencia aos acontecementos do último ano.

*TEDES MOITA MÁIS INFORMACIÓN NA BITÁCORA DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO COLEXIO: 

http://medrandocoanosalingua.blogspot.com/2021/04/os-maios.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario