4/28/21

A amizade

Os compañeiros e amigos.
Compañerismo
Confianza
   
 Coñecer ao meu amig@  
 Respecto
   
Dar sen esperar nada a cambio

Comprensión

Fidelidad

 
Amor

   
 Cando se inicia unha nova amizade con alguén, as cousas non sempre saen como imaxinamos. Ás veces, as relacións interpersoais duran menos do esperado e parte das causas que levan a este resultado pode ser unha mala xestión das HABILIDADES SOCIAIS. 
 Que podemos facer para manter boas relacións interpersoais cos demais. 
1.Manter unha amizade na que non se nos valore polo que realmente somos. Cando somos capaces de amosar a outras persoas que estamos dispostos a respectar os seus puntos de vista sempre que fagan o mesmo cos nosos, estamos no camiño de desenvolver unha relación de amizade máis transparente e sincera.
 
2.Sempre que nos involucramos nunha relación de amizade é importante ser honesto cos demais, tendo en conta que a honestidade non consiste en dicir sempre todo o que sabemos, senón simplemente en non enganar a outras persoas. 
Outro aspecto importante da honestidade é dicir as cousas directamente e evitar o uso de intermediarios para comunicar as nosas opinións. É frecuente que se distorsione a información cando non se conta de primeira man.
   
3.Un aspecto esencial para fortalecer e manter relacións cos demais é ser de confianza, para conseguilo debemos manter a integridade en canto ás nosas opinións e accións, evitando cambiar constantemente as nosas ideas respecto ao que dicimos ou facemos. 
 

4.O ideal é ser nós mesmos, sen medo a ser xulgados. 

 5. Aumenta a túa empatía Ter a capacidade de poñernos na pel dos demais é esencial para manter boas relacións interpersoais. Non basta con falar de nós mesmos e escoitar as anécdotas dos demais. Tamén é necesario comprender as situacións dos demais
 
6. Aprende a escoitar 
 7. Practica a humildade como algo natural  
8.Algo importante para entenderse con outras persoas é tomarse o tempo para ver como son os demais.




Para elaborar estas entradas recompilamos información do blogue do profe Juan, Grazas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario