11/26/21

Parabéns para ti!


Parabéns Sabela 


PRIMEIRA DECORACIÓN DE NADAL

Mirade que árbore máis bonita estamos construíndo coa vosa axuda... veña... un empurronciño máis 💪 para conseguir completar esta fermosa idea!! 😍


MOITAS GRAZAS, UNHA VEZ MÁIS, POLA VOSA COLABORACIÓN!!! 👏👏

11/24/21

XORNADA DE CAMPO A TRAVÉS

O Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia organizou onte a competición de Campo a través destinada ao alumnado dos centros educativos participantes no programa XOGADE.

A finalidade desta actividade foi a dinamización e promoción do Deporte Escolar mediante a participación inclusiva de todo o alumnado. Deste xeito, a actividade tivo como obxectivo loitar contra o sedentarismo fomentando a igualdade de xénero. 

A carreira tivo lugar no recinto da feira de San Cosme de Zamáns e os nenos/as de segundo participamos na categoría de benxamíns. Para elo, nos organizamos por grupos/aula con carácter mixto mantendo a distancia de seguridade de 450 m. entre grupos. Ademais, cada un de nós levou o seu dorsal o que permitirá realizar unha clasificación por cursos de xeito colectivo por parte da organización.

Mirade que contentos/as estabamos!


Velaquí estamos preparadxs cos nosos dorsais... 👀


Bailando un poquiño a modo de quecemento... 💃


Comezamos!! 👏👏





E por fin entrando á meta!! 👏👏👌














Para repoñer forzas, tomamos unhos petiscos antes de voltar ao cole!!




Parabéns rapaces e rapazas polo voso compañeirismo!! 😍💕💚

11/22/21

UN NOVO MEMBRO DA FAMILIA

Hoxe Xela quixo amosarnos o canciño dos seus avós. Chámase Huma e o certo é que é ben feitiño... 😍

Xela compartiu con él o fin de semana. Que imaxe tan bonita! 💓


Parece que Huma e Xela rematoaron a xornada moi cansos...


Desfrutaron un montón xogando xuntos toda a fin de semana! 👏

De seguro que va ser moi grande, xa nos irás ensinando canto vai medrando! 🙈😀

11/15/21

A ANDAINA DE XELA

Hoxe Xela 👩 quixo compartir con nós unha excursión moi especial que fixo esta fin de semana. Visitaron o Parque Natural Peneda-Gerês 💚cun grupo de amig@s. Ollade que paisaxes máis bonitas!



De seguro que o pasaron de marabilla neste máxico lugar!


Moitas grazas Xela por compartir con nós tan fermosas imaxes! 👏👏

11/11/21

UN RATO PÉREZ MOI VIAXEIRO...

Esta semana, Sayra 👧 quixo compartir con nós a fermosa carta que o ratiño Pérez deixou na visita que fixo a súa casa 👀.

Nesta ocasión, contounos que se disfrazou no Samaín pero que a súa capa de vampiro non lle axudaba moito a facer o seu traballo. Tamén ensinounos moitas cousiñas sobre a celebración desta festa noutros lugares do mundo. Canto nos gusta aprender toda estas cousiñas que nos ensina o Rato Pérez!!😻


Grazas Sayra por compartir esta fermosa carta con nós! 💓

11/07/21

Cea de Samaín

 Para rematar a ponte, fixemos unha cea de Samaín en casa. Vimos unha peli de medo e comimos dedos e vasoiras. Os dedos fixémolos con salchichas e ketchup e as vasoiras con pan e queixo. Non se ve, pero bebimos batidos de zumo de verme que Mamá preparóu con iogur e froita.



Agora sí, rematamos o noso Samaín. 

A ponte do 1º de maio

 Esta ponte Maira fixo galletas de Halloween

 Tamén visitou Santiago de Compostela, lembrou que na presentación do proxecto do centro, a profe Montse  falolle do Pórtico da Gloria e do Botafumeiro. 






11/05/21

O ESQUELETO

Esta semana, Leonor animouse a ensinarnos un xogo chamado "Laboratorio de Anatomía" moi relacionado con todo o que estamos aprendendo en Ciencias Naturais. 

Primeiro, Leonor ensinounos as instrucións e tod@s atendíamos para poder xuntar as diferentes partes que formarían o noso esqueleto 👀.


A continuación, comezamos a montalo peza por peza traballando en equipo. Tod@s participamos!




Ademais, atendimos as súas explicacións que nos serviron de gran axuda! 👧


E... tachán! Aquí temos o noso esqueleto montado!! 😍


Como non podía ser doutro xeito, quixemos compartilo tamén cos compañeir@s de 2ºB! 👌


Moitas grazas Leonor, por ensinarnos todas estas curiosidades sobre o noso corpo!! 👏👏💖

11/02/21

O SAMAÍN DE LAIDA

Laida quixo compartir con nós estas fotos do seu Samaín! Ollade que ven o pasou!

Velaquí a decoracion da porta da casa con material de refugallo... 👀


Co seu disfrace de pantasma! 😍



Tamén coñeceu a Pennywise! 💀


👻

11/01/21

A ponte de Samaín

Os irmáns García Ausín comparten a súa experiencia de fin de semana en Viladerei. Santiago e martín din que este fin de semana, a súa nai  levounos ao pobo da súa avoa, Viladerei, na provincia de Ourense.
👏👏👏