1/09/22

VOLTA SEGURA ÁS AULAS

 Queridas familias:

Ante a nova situación no número de contaxios durante as vacacións e sabendo que vai repercutir na nosa escola, queremos lembrar as medidas, que xa estabamos tomando, para unha volta a clase segura. É preciso que todo o alumnado traia o seu kit Covid (máscara de reposto, xel hidroalcólico...) e faga o cambio de máscara cando sexa preciso. Se hai síntomas compatibles, non asistir á escola ata cerciorarse que esa sintomaloxía non é a da nova variante Omicron que se confunde con outras enfermidades. Lembrade que desde o venres 8 de xaneiro, o alumnado ten dereito a un test de antixenos gratuito por parte do SERGAS que vos pode axudar neste momento de volta a clase. A vosa colaboracion é fundamental para que o noso colexio siga sendo un espazo seguro para as vosas fillas e fillos. Un saúdo e boa volta a clase.

O equipo directivo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario