1/28/22

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Hoxe no Pombal puxemos o colofón final a unha semana na que traballamos arreo! Velaquí unha pequena mostra de todo o que fixeron os pequen@s pombaleses!

Mural conxunto na entrada principal do noso edificio no que participamos todos os cursos poñendo o noso gran de area:



Tamén deixamos a nosa pegada no Camiño de Santiago que, como sabedes é a temática común deste curso. Con moito traballo en equipo conseguimos chegar a Santiago facendo as distintas etapas. A etapa de segundo saíu do Pombal e chegou a Redondela. Ollade que fermosas pegadas deixamos!



Como non, as colocamos tod@s "facendo camiño"💚:


Ademais, os cativ@s de 2º fixemos o noso propio mural que comezamos en Educación en Valores e que extendimos a toda a titoría xa que a Paz é de todas as cores. Para elo, fixemos esta pombiña que enchimos de fermosas mandalas 😍:




Velaquí o resultado final deste día tan especial no noso cole:



😀😃



👏👏👋

Por último, deixámosvos algunhas propostas musicais para celebrar este día:



💙💚💜

No hay comentarios:

Publicar un comentario