10/27/21

Chega o Samaín

 Chegan as primeiras cabazas...👏👏👏

A cabaza preparouna Ruth coa axuda do seu pai. Tamén hai unha mandarina que participa da festa...😀😀 Tedes máis información no blog de Ruth.


 



 

No taller de cabazas da casa dos García Ausín sairon estas cabazas terroríficas.




ACTIVIDADE DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Hoxe, os nenos e nenas de segundo tivemos unha visita moi especial! Martiño, o corvo mariño que coñecimos o ano pasado, veu ensinarnos un montón de cousas sobres o fermoso arquipélago que está ao carón da nosa cidade: As Illas Atlánticas!!

Ollade todo o que aprendimos! 👀







Ademais, puidemos coñecer os diferentes elementos que conforman este ecosistema mariño.


Ata o ano que ven Martiño!!😍

10/21/21

Continúa a viaxe de Cies

Unha familia numerosa continúa de viaxe.

Despois da fin de semana a familia de Cies continúa de ruta.

Luns 11

O luns dedicámolo a visitar Carnota , xunto co seu canastro Mais grande , q súa fermosa praia e Fe Alí poñemos rumbo a Fisterra , onde vimos o seu famoso faro e desfrutamos de un rato de Praia mentres comiamos. De alí saimos e desfrutamos da fermosura dos monumentos e faro en Muxía , e por último chegamos a Camariñas para facer noite alí , tamén o lado da praia .







Martes 12


 Visitamos Camariñas, capital do “encaixe de bolillos” que a Cies le gusta e sabe facer algunha cousiña que lle ensinou a súa avoa .

Logo fomos de ruta ca furgo por pistas de Terra que nos levaron a coñecer o faro de Vilan, o cemiterio dos ingleses, e a última parada foi en Camelle para coñecer a casa e obras sociais museo do alemán . Alí comemos e despois xa puxemos rumbo de novo a Vigo,

 






A experiencia foi moi boa, certo e que tivemos todo a favor ( o bo tempo, as paisaxes de esa costa, e sobre todo as gañas de esta experiencia )

👏👏👏😍


10/19/21

De ruta en familia

 Cies quere compartir fotos e un resumo da  viaxe que fixo coa súa familia a Costa da Morte.

                                      

Cies  e a súa nai comentan que foi unha bonita experiencia a de viaxar os cinco en "furgo" e coñecer lugares fermosos da Costa da Morte.

                                     

A ruta foi a seguinte :

Sábado 9
Saimos  as 14:00 de Vigo e a primeira parada foi en Vilaboa para comer. Alí paramos nas preciosas e pouco coñecidas Salinas do Ullo , fermoso espazo natural .
Despois puxemos rumbo a Barro, e  alí paramos nas Fervenzas de Barosa , súper bonitas e Tanta calor facía que algúns non puideron resistirse a darse un bo baño .
Logo visitamos Boiro, estivemos nunha Praia e fixemos noite alí .


Domingo 10
Despois de levantarnos, almorzar e asearnos, fomos as Dunas de Corrubedo, ademais de desfrutar da paisaxe, fixemos algunha ruta, e como a calor tamén apertaba desfrutáramos dun baño e paseo por esa Praia .
A seguinte parada foi en Porto do Son para comer e despois visitar os Castros de Baroña, impresiona ver esas construcións nas rochas e tan Preto da auga. Alí desfrutaron imaxinando como vivía esa xente
nesas casas tan pequenas e circulares
Seguimos en ruta, e está vez paramos na fermosísima Vila de Noia , os paseos por as súas rúas e os seus monumentos encantáronnos.
E rematamos este día chegando e facendo noite en Carnota , nun paraíso a pe de praia con moitas "furgos e autocaravanas".




Continuará....



O VOLCÁN DE SAYRA

 Onte Sayra compartiu con nós este experimento que fixo na casa xunto co seu irmán pequeno creando o seu propio volcán. Mirade que ben lle quedou! 👨👧


Parece que o pasaron moi ben facendo este pequeno experimento... 😄😃



Velaquí un pequeno vídeo amosándonos como realizaron o seu propio volcán... que pasada!

Animádevos a facer o voso propio volcán e a compartilo con nós! 😍

10/18/21

AS ÚLTIMAS VIAXES DE LEONOR


Hoxe Leonor ensinounos un montón de cousiñas contándonos a súa viaxe desta fin de semana pola Costa da Morte. Ollade que bonitas imaxes compartiu con nós...

Velaquí temos a Leonor na Pedra de Abalar. O certo é que a nosa "fin da terra" particular é ben fermosa! 


Ademais, durante a ponte, Leonor estivo visitando aos avós na zona de Ferrolterra. Alí aproveitou para visitar a Lagoa de Valdoviño 😍


Ollade este fermoso solpor! 👌👀


Tamén colleron uns cogomelos que de seguro estaban ben ricos!!


Moitas grazas por compartir estes momentos con nós! 😀

XA CHEIRA A MAGOSTO!!

André quixo compartir con nós estas fermosas fotos sobre o outono facendo magosto e incluso prantando un carballo! Encántanos que compartades con nós estas cousiñas... 👨😍


Xa nos ensinaredes como vai medrando este castiñeiro que veu de terras ourensás!


Que boa pinta teñen esas castañas!! 

👀👀


💕

10/15/21

O noso gran de area

Como sabedes, os nenos/as do Pombal levamos un tempo coñecendo a realidade de todos os nenos/as que viven na Illa da Palma e que están a vivir unha situación tan delicada. 

Nas nosas clases de 2º, comezamos traballando cos nosos "cadernos dos volcáns" aprendendo as súas partes, como se produce a erupción, cousiñas sobre volcáns de outros lugares do mundo... Velaquí algunhas imaxes traballando arreo nos nosos cadernos...




Por outra banda, aprendimos tamén como se podían estar sentindo estes nenos e nenas que perderon as súas casas, o seu colexio... e por elo, seguindo a iniciativa "unha carta, un sorriso" cada clase preparou o seu debuxo con todo o noso agarimo que enviamos xunto cunha pequena carta que botamos no buzón de correos. Ollade as imaxes!










 Foi unha experiencia ben bonita! 


Moitas grazas coma sempre pola vosa colaboración! 💓