4/30/21

OS MAIOS

 COÑEZAMOS UN CHISCO DESTA FESTA TAN NOSA!!

O maio é unha festa popular que se ven celebrando dende fai moito tempo o primeiro domingo de maio. O seu fin é conmemorar a chegada da primavera e o remate do longo inverno. Esta festa está relacionada co culto á natureza e á fertilidade dos campos.

Para festexar esta festa, costrúense estruturas de madeira con forma cónica de entre 1,5 e 2 metros de altura que decoramos con ornamentos naturais como fiúnchos, pampillos, carqueixas, margaridas, laranxas ou cascas de ovos. Ademais, no alto, colocamos unha coroa feita con flores. Arredor desta figura do maio, un grupo de nenos e nenas cantan as súas coplas. Estas coplas son pequenas pezas musicais cheas de retranca que loan a primavera e fan referencia aos acontecementos do último ano.

*TEDES MOITA MÁIS INFORMACIÓN NA BITÁCORA DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO COLEXIO: 

http://medrandocoanosalingua.blogspot.com/2021/04/os-maios.html

4/28/21

A amizade

Os compañeiros e amigos.
Compañerismo
Confianza
   
 Coñecer ao meu amig@  
 Respecto
   
Dar sen esperar nada a cambio

Comprensión

Fidelidad

 
Amor

   
 Cando se inicia unha nova amizade con alguén, as cousas non sempre saen como imaxinamos. Ás veces, as relacións interpersoais duran menos do esperado e parte das causas que levan a este resultado pode ser unha mala xestión das HABILIDADES SOCIAIS. 
 Que podemos facer para manter boas relacións interpersoais cos demais. 
1.Manter unha amizade na que non se nos valore polo que realmente somos. Cando somos capaces de amosar a outras persoas que estamos dispostos a respectar os seus puntos de vista sempre que fagan o mesmo cos nosos, estamos no camiño de desenvolver unha relación de amizade máis transparente e sincera.
 
2.Sempre que nos involucramos nunha relación de amizade é importante ser honesto cos demais, tendo en conta que a honestidade non consiste en dicir sempre todo o que sabemos, senón simplemente en non enganar a outras persoas. 
Outro aspecto importante da honestidade é dicir as cousas directamente e evitar o uso de intermediarios para comunicar as nosas opinións. É frecuente que se distorsione a información cando non se conta de primeira man.
   
3.Un aspecto esencial para fortalecer e manter relacións cos demais é ser de confianza, para conseguilo debemos manter a integridade en canto ás nosas opinións e accións, evitando cambiar constantemente as nosas ideas respecto ao que dicimos ou facemos. 
 

4.O ideal é ser nós mesmos, sen medo a ser xulgados. 

 5. Aumenta a túa empatía Ter a capacidade de poñernos na pel dos demais é esencial para manter boas relacións interpersoais. Non basta con falar de nós mesmos e escoitar as anécdotas dos demais. Tamén é necesario comprender as situacións dos demais
 
6. Aprende a escoitar 
 7. Practica a humildade como algo natural  
8.Algo importante para entenderse con outras persoas é tomarse o tempo para ver como son os demais.




Para elaborar estas entradas recompilamos información do blogue do profe Juan, Grazas.

4/27/21

CONTACONTOS DENDE A BIBLIOTECA NEIRA VILAS

Esta semana, co gallo do Día do Libro, recibimos unha visita moi especial nas nosas clases de 1º... As rapazas da biblioteca Neira Vilas convidáronnos a somerxernos no apaixonante mundo da lectura. Para elo, contáronnos varios contos moi especiais nos que aprendimos que non todos os malos dos contos (ogros, bruxas, villanos, lobos...) son tan mal@s como parecen! 👀👻

O certo é que quedamos completamente engaiolad@s... 💖





*Animádevos a achegarvos pola Biblioteca Neira Vilas para facervos co voso carné!!😎

4/26/21

Visita ao Museo de Historia Natural de Santiago de Compostela.

 Martín e Santiago comparten as fotos da súa visita ao Museo de Historia Natural en Santiago de Compostela e tamén nos recomendan a visita. Encantóulles!! 😍😍😍











Grazas😊

4/25/21

Autoestima e Autosuperación.

Seguimos traballando para que a nosa convivencia sexa boa, a autoestima e o esforzo persoal van centrar a nosa atención. 
Somos capaces, e se poñemos nosa parte, somos capaces de facelo. Podemos.

 
 
Nin sequera pasar os exames "para ser extraterrestre" é sinxelo. Nesta vida todo require un esforzo e un sacrificio e, se non temos a predisposición adecuada, todo costa moitísimo máis. Neste curto de PIXAR imos ver como o protagonista non preparou para nada o exame, tenta copiar, case o consegue ás topadas, pero nin aínda así aproveita a súa oportunidade. Hai que ter unha actitude correcta para afrontar as cousas importantes na vida.


Un día de pesca - Usa el Coco from HAMPA STUDIO on Vimeo.

Me gustan las bananas - Usa el Coco from HAMPA STUDIO on Vimeo.

Esto pesa mucho - Usa el Coco from HAMPA STUDIO on Vimeo.

Se es enxeñoso e buscas solucións... podes conseguir o que che propoñas. Iso é o que nos transmiten estes curtos producidos por HAMPA estudos e financiados polo Ministerio de Economía e Competitividade. Os irmáns Honky e Tonk deberán resolver distintos problemas e, ademais, en clave de humor (o que fai que sexa dobremente motivador para @s elegantes). Un dos irmáns "pasa de todo" e o outro, o enxeñoso, acabará superando as distintas dificultades coas que se atopan De cal debemos tomar exemplo. 

 

As cousas custan traballo conseguilas, pero hai momentos para todo. A fábula clásica da Cigarra e a Formiga móstranos como "o que sementa, recolle". É moi bonito non facer nada e querer telo todo, pero nada máis lonxe da realidade. Hai momentos para traballar e momentos para divertirse. Se queres conseguir algo na vida, loita por iso.

Ata un amor "imposible" pódese conseguir se cho propós. Difícil teno este pequeno paxaro para conseguir o amor da "paxarela" que está encerrada nunha gaiola. Ao final é unha mestura de todos os curtos visto anteriormente: todo nesta vida require un esforzo, usa o coco #ante os problemas e, se queres e proposcho, ao final poderás conseguilo.
 É importante esforzarse para conseguir as cousas!

4/23/21

Proposta dende Educación Musical

Tere, a nosa profe de música, comparte con nós este fermoso enlace cun recurso interactivo que permite crear as nosas propias pezas musicais! Picade na imaxe e desfrutade moito convertíndonos en directores/as de orquestra!🙌

DÍA DO LIBRO 2021

Como sabedes, hoxe celébrase o Día do Libro! Por elo, dende as clases de 1º, festexamos unha festa ben típica no cole. Para elo, convertímonos en padriños e madriñas lectores/as da outra clase! Este ano, é un chisco diferente mais o que non muda son as nosas ganas de desfrutar coa lectura! 💪😍💞 

Aproveitamos esta data para ler unhos poemas do noso "Poemar o Mar" de Antonio García Teijeiro, unha das obras que estamos a ler diariamente dende a "hora de ler". Ademais, dende Arts&Crafts elaboramos uns marcapáxinas ben bonitiños que intercambiamos entre nós e recibimos un pequeno agasallo de parte do cole. Ollade que ben o pasamos! 👧👨












4/20/21

Convivencia e amizade.

A convivencia é un valor fundamental para o ser humano en todas as relacións da vida.

Os primeiros cortos que seleccionamos para traballar a convivencia xiran en torno á amizade e aceptación dun papel no grupo, tolerancia e aceptación dos demais. 

  

Ás veces controlar o noso personaxe é importante para vivir xuntos. 
Este lobo é capaz de controlar os seus instintos máis feroces porque, convivindo cun grupo de ovellas, consegue un traballo mellor do que tiña, sérvenlle comida diariamente e tamén gaña un bo salario a finais de mes. O problema vén cando non é capaz de controlar os seus impulsos ... Somos quen de controlalos nós mesmos?

Por certo, unha vez que reflexionamos sobre iso e pensamos no que nos pode ser bo interactuar na clase, elaboramos as "Regras de convivencia de clase". Sendo un semáforo o encargado de dicir o nivel de cumprimento do mesmo polo alumnado. O comportamento de cada un fará que o semáforo oscile entre o vermello, o amarelo e o verde. Recollendo ao final da semana o froito do seu comportamento.

Investigando

A arte da plastilina e os animais.

  

 O oso panda

Atopamos minerais nunha ruta do fin de semana.



Quérome!

Presentamos unha primeira montaxe de fotos e debuxos. 
 A imaxen que o espello trasmite nós.
 

4/19/21

FOTO DA PRIMA DE SAYRA!

Sayra tiña moitas ganas de que coñecéramos á súa primiña que está dando os seus primeiros pasos 👀👀. Chámase Adara e é ben riquiña!😻🙈



4/16/21

VISITAMOS A BIBLIOTECA DO COLEXIO

 Esta semana, os nenos/as de 1º, visitamos a nosa biblioteca!💟

Fixemos un montón de actividades: xogamos cos robots, fixemos xogos de mesa, representamos un conto con monicreques, escoitamos un contacontos...!! Ollade algunhas delas! 👀👀😀😄